www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 30 de Maio de 2020

Redondela pecha o cemiterio de Mañó e restrinxe os velorios e cerimonias fúnebres
Institucional • 28/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O estado de alarma pecha tamén os cemiterios. Así o vén de acordar o concello de Redondela atendendo ás instrucción emitidas polas autoridades. Establecécese así o peche do camposanto de Mañó mentres continúe o estado de alarma e suspéndense as ceremonias relixiosas ou laicas ata superar a crise sanitaria. Nos enterros ou incineracións as comitivas non poderán superar as 20 persoas. Unhas medidas que buscan na medida do posible evitar a propagación do COVID-19.


Os cemiterios non son unha excepción ao estado de alarma no que se atopa todo o país. Para evitar que nestes lugares se concentren veciños e se poida favorecer a propagación do virus, a Alcaldía vén de emitir un bando no que informa do peche ao público do cemiterio municipal de Mañó mentres se atope en vigor o estado de alarma, medida que afecta "en xeral a todos os cemiterios do municipio". Establécense tamén as normas decretadas pola Consellería de Sanidade respecto aos velorios e ceremonias fúnebres, quedando limitadas as actividades de vela de cadáveres, independentemente da causa do falecemento, de xeito que non asistirán ao dó as persoas que presenten síntomas respiratorios de calquera clase, será necesario lavar as mans con auga e xabón ou con solución desinfectante previamente ao acceso ás instalación funerarias así como despois de usar o libro de pésame ou os baños.


Un bando que insiste tamén na necesidade de limitar o contacto físico "evitando a manifestación de condolencias a familiares a través de abrazos, bicos e apertas de mans". Evitarase ademais en todo momento a confluencia de máis de 8 persoas por cada sala, respectando unha distancia mínima de dous metros entre cada unha.


Deben ademais aprazarse as ceremonias relixiosas ou civís fúnebres, e as comitivas de acompañamento para a inhumación ou despedida de incineración quedarán restrinxidas aos achegados e familiares máis próximos e a un máximo de 20 persoas.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: