www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

Un policía municipal xubilado, primeira vítima do coronavirus en Redondela
Sucesos • 27/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Un veciño de Cesantes e policía local retirado vén de converterse na primeira vítima mortal do coronavirus en Redondela. O propio corpo policial lamentaba a triste noticia a través do seu facebook, onde comunicaba as "malas noticias" e trasladaba as súas condolencias a familia. O falecido é un home de máis de 70 anos e que presentaba patoloxías previas.


"Trátase do noso compañeiro xubilado José Manuel Montans González", engadían na súa mensaxe dende o servizo da Policía Local e concluían trasladando "as nosas condolencias a Chelo e familia", unhas condolencias ás que se sumaba a propia alcaldesa, Digna Rivas e o responsable da Policía, Leonardo Cabaleiro así como outros moitos vecinos e veciñas.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: