www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 5 de Agosto de 2020

A familia da SAR segue "conectada" a través das redes
Deporte • 26/03/2020
Autor: Ana Prieto

A entidade de balonmán redondelá, máis que un club, "é una gran familia", como apunta Iria Darriba. Por iso nestes días de confinamento, e ante a imposibilidade de xogar e adestrar xuntos, buscaron a maneira de seguir en contacto a través das redes sociais.


O estado de alarma obrigou a suspender as competicións de balonmán en todas as categorías, e tamén os adestramentos. Trátase dunha situación "excepcional e difícil para todos", apunta Iria Darriba, a responsable das redes sociais da SAR. Para tentar mellorar os ánimos de todos e poder seguir en contacto, comezaron a colgar vídeos na súa páxina de Facebook. Os xogadores dos equipos sénior, que son un referente para os nenos e nenas de categorías inferiores, foron os primeiros en enviar mensaxes de ánimo e recomendacións para estes días de encerro. Tamén retos para seguir practicando a puntería na casa. A intención do club é que, nos próximos días, tamén os xogadores da base "poidan participar cos seus vídeos". Os xogadores María Pexegueiro, Manuel Ferreira, Dani Cadilla e Xeily foron os primeiros en lanzar os seus retos, mensaxes de ánimo e consellos para estes días, desde series de televisión ata receitas de cociña.


Pola súa banda, Iria Darriba segue o seu confinamento en Madrid, onde traballa e tamén xoga ao balonmán no Ikasa BM, de División de Honra Prata. Logo de formarse na SAR e xogar na máxima categoría, os estudos e o traballo levárona á capital, desde onde segue vencellada ao club redondelán como responsables das redes sociais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: