www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Aprazado a setembro o Festival Internacional de Títeres de Redondela polo coronavirus
Cultura • 25/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Esta mesma semana estaba previsto que a Asociación Xente Titiriteira fixera pública a programación desta edición, programada para o vindeiro mes de maio. Un festival que como novidade tiña previsto incluso ampliar a nove días a súa duración, ofertando un maior número de actividades e espectáculos. Pola contra, o anuncio é ben diferente, a organización acordou xa adiar esta cita cuxa XXI edición celebrarase do 1 ao 6 de setembro.


Un adiamento que responde a necesidade de facer fronte e adaptarse á nova situación imposta pola crise sanitaria do coronavirus, crise que obriga a reorganizar todo o calendario cando xa estaban pechados contratos coas compañías, reservas hoteleiras, billetes...


Con todo, dende a organización envían unha mensaxe optimista "os nenos e nenas fieis á súa cita cos títeres de Redondela poden estar tranquilos, pois a principios de setembro gozaremos coma nunca do espectáculo e a maxia do teatro. Agora debemos enfrontarnos a esta pandemia pero cando pase, que pasará, estamos convencidos de que os monicreques serán máis necesarios ca nunca".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: