www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

Redondela axiliza o pago aos proveedores do Concello e estuda suspender taxas municipais
Política • 21/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela vén de tomar as medidas oportunas para "priorizar ao máximo posible" o pagamento de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello. A medida busca "que os provedores non teñan problemas de liquidez e poidan manter a súa actividade laboral e empresarial nestes tempos complicados", explicou a alcaldesa Digna Rivas. Sinalou tamén que o  goberno local fará pública esta semana unha listaxe de taxas que quedan en suspenso mentres dure a crise do Covid-19.


Unhas medidas encamiñadas a diminuir o impacto que a crise sanitaria está a producir na economía e que, de non tomarse, provocarían a falta de liquidez nas empresas e problemas para manter os seus postos de traballo.


Así, ademais de reducir os prazos de pagamento, a  Alcaldía deu as ordes precisas para "avanzar na tramitación dos diversos expedientes de contratación e de subvencións para que o Concello poida axudar a por en marcha de novo a economía mediante a súa dinamización unha vez que se supere a pandemia".


Finalmente, tamén oc obxecto de contrarrestar na medida do posible os efectos negativos desta crise sanitaria, esta seman o goberno local fará pública unha listaxe de taxas que, ou ben quedan en suspenso durante o tempo que dure o estado de alarma do coronavirus o cuxo prazo de pagamento queda prorrogado. "Nunha situación excepcional, as administracións temos que ser quen de adoptar medidas excepcionais de protección dos nosos veciños e veciñas", remata a alcaldesa Digna Rivas.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: