www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 5 de Xullo de 2020

O Balonman Chapela lanza en redes un reto para "tirarse o rolo"
Deporte • 20/03/2020
Autor: Ana Prieto

Nestes días de confinamento forzoso o club de balonmán quere contribuir a paliar o aburrimento dos xogadores e as súas familias. E fano a través das redes cun reto para seguir adestrando a puntería de xeito divertido. A primeira proba é lanzar un rolo de papel hixiénico a unha montaña formada por máis rolos que hai que derribar. Os participantes gravan un vídeo e súbeno ás redes.


Ao longo dos días desde o club irán propondo diferentes probas que os participantes terán que superar, e piden aos xogadores e ás súas familias que envíen os seus vídeos realizando os retos para compartilos con todos os seguidores. A primeira proba, seguindo á @rfebalonmano é o #TírateElRolloChallenge, que consiste en lanzar un rolo de papel a unha montaña formada por máis rolos que hai que derrubar. Isto serve tamén para afinar a puntaría despois de tantos días sen adestrar. Xa participaron os capitáns dos equipos, pero tamén moitos xogadores e xogadoras de diferentes categorías, algúns xunto ás súas familias.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: