www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 13 de Xullo de 2020

A Policía Local advirte que só se pode saír de casa o estritamente necesario
Sucesos • 16/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Ata o de agora o labor dos axentes centrouse en avisar e lembrar aos que atopan na rúa ou os que se congregan en grupos, que hai que cumprir a normativa en canto a quedar na casa e manter o confinamento na medida do posible. Con todo, advirten "se a partir de mañá non se toman máis en serio estas medidas igual hai que aplicar o que a normativa establece".


Malia que a maioría si quedou na casa, hai quen tira de "picaresca" nestes días para saltarse un confinamento que forma parte das medidas excepcionais decretadas para tentar controlar a expansión do cornavirus. Esa minoría que se está a saltar as indicacións dáse sobre todo no casco urbano e, sorprendentemente, entre a xente de máis risco como son os maiores.


Ante esta situación a policía está a percorrer as rúas e, polo de agora, limítanse a lembrarlle aos que atopan na rúa de que hai que pasar a corentena na casa pero insisten en que a partir de mañá podería comezar a aplicar medidas coercitivas.


En canto ao comercio e locais de hostalaría aseguran que dende o sábado están a ter un comportamento exemplar e tan só abren aqueles que están autorizados. Lembramos que segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) son: Alimentación, gasolineiras e estancos, servizos de fisioterapia, talleres e servizos de ITV, informática, droguerías, servizos veterinarios, servizos sociais e residencias, técnicos de reparación e mantementos, lavado e limpeza de pezas téxtiles e pompas fúnebres e actividades relacionadas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: