www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 5 de Xullo de 2020

A policía pecha 3 bares e disolve botellóns por imcumprir as medidas preventivas
Sucesos • 15/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Malia o chamamento á responsabilidade para que a xente quede na casa e a prohibición de abrir negocios como bares ou locais de hsotalaría, na xonrada de onte foron varios os que fixeron caso omiso a estas medidas. Así, a policía local procedeu a pechar un total de tres bares que si abrirán as súas portas, tamén pecharon varios talleres e disolveron algúns grupos de rapaces que estaban concentrados e facendo botellón en diferentes zonas de Redondela.


Tanto a Policía Local como Nacional están realizando un "control total e absoluto" para garantir que bares, restaurantes ou calquera outro tipo de comercio non habilitado polo Estado como servizo básico abra as súas portas ao público. Tamén están patrullando as rúas para evitar que se produzan casos como os detectados na noite de onte, onde foi preciso disolver algún grupos de mozos que se reunirán para facer botellón.


As autoridades insisten en que se manteña a máxima disciplina e responsabilidade no confinamento da poboación e que tan só se saia do domicilio en caso de necesidade.


Dende a policía local insisten "é moi importante a colaboración de toda a cidadanía, as medidas extremas que se están a tomar son por todos, #quedatenacasa e estarás axundado a superar esta crise".


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: