www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Xullo de 2020

As mulleres do mar toman a palabra
Sociedade • 11/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG de Redondela organiza un acto público sobre o traballo das mulleres no mundo do mar no que participarán representantes do sector como a presidenta de Amarturmar, Nuria Novelle, a vicepatroa da confraría de Redondela, Ana Belén Sotelino e a presidenta da agrupación de mariscadoras, Esmeralda otero. O acto terá lugar o xoves ás 20:00 horas na Casa da Cultura e contará tamén coa intervención da deputada no parlamento galego e voceira de pesca, Montse Prado.


Unha mesa redonda na que falarán en primeira persoa da problemática do traballo das mulleres na pesca así como da recente visita ao parlamento europeo, a onde se trasladaron para formar parte da delegación galega que participou na xuntanza da rede europea de mulleres da pesca (AKTEA).


A delegación galega trasladou ao parlamento europeo a situación da pesca e o marisqueo en Galicia dende unha perspectiva de xénero, afondando e buscando solucións para o trato desigual entre homes e mulleres en diferentes actividades do sector, dende o emprego ás condicións de traballo, pasando polo salario ou as cotas na pesca.


Destes temas falarase nesta charla-coloquio que estará presentada pola concelleira do BNG, Jessica Garcia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: