www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 13 de Xullo de 2020

Atl. Vilar, suma e segue pola permanencia
Deporte • 11/03/2020
Autor: Ana Prieto

O conxunto de Jorge Iglesias suma seis xornadas consecutivas sen perder, logo do empate do pasado domingo ante o Matamá. No posto 12º da liga, camiña con paso firme cara o obxectivo da permanencia. A salvación está cara esta temporada, na que se prevén un mínimo de cinco descensos polos arrastres de categorías superiores.


Na pasada xornada o equipo de Jorge Iglesias colleitou un empate nun partido sen goles ante o Matamá. Un punto importante para seguir sumando de cara ao obxectivo da permanencia, e xa suman seis xornadas consecutivas sen perder. E non é doado, nunha liga que está a ser moi competitiva, como xa prevía desde o comezo da competición o adestrador. Iglesias Anido sinala que hai "moito nivel" para ser unha liga de segunda rexional, con equipos "moi fortes, con orzamentos altos e que se están a reforzar". O arrastres de categorías superiores fan máis cara a permanencia. Actualmente, tal e como está a situación na Terceira División, a Preferente e a Primeira Galega, son 5 os equipos do grupo que baixarían a Terceira Galega. O Atl.Vilar, na 12º posición da táboa, está en postos de permanencia, pero hai moitos equipos na pelexa. Seguir sumando cada semana é "vital" para acadar o obxectivo.


Xinzo-Atl.Vilar


Na próxima xornada visitan o campo do Xinzo, un dos equipos xa practicamente descendido. Pero iso non garante un partido doado, nin moito menos. Ademais o equipo de Vilar terá que adaptarse a un campo de herba natural. A cita será o domingo ás 17.00 horas en Ponteareas, no Eido Dalbo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: