www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

Chapela acolle os actos do Día de Rosalía e o Enterro do Berete
Cultura • 6/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Unha semana despois do previsto e logo de que todas estas actividades foron adiadas pola chuvias, tanto hoxe venres como mañá sábado, a parroquia de Chapela acolle diferentes actividades de carácter cultural e festivo. Esta tarde a Alameda Rosalía de Castro acolle os actos organizados por Normalización Lingüística co gallo do Día de Rosalía. Mañá sábado tamén nesta parroquia desenvolverase o programa da queima do berete.


As actividades previstas co gallo do Día de Rosalía arrancarán ás cinco da tarde de hoxe cun obradoiro infantil orientado a nenos e nenas de 6 a 10 anos. A partir das seis da tarde actuarán o grupo Anaquiños, Xardín Desordenado, celebrarase un recitado de poemas e pechará a xornada unha ofrenda floral e a interpretación do himno galego.


O sábado a cita será co Entroido. A programación inclúe o desfile de comparsas, cunha comitiva que partirá ás 18:30h dende o Alto da Encarnación. Haberá animación a cargo do grupo Aperta Percusión. Xa na Praia de Arealonga terá lugar a queima do Berete co espectáculo "VATRA" a cargo da compañía Pablo Méndez Performances. Pechará a xornada o concerto de The Cherry´s Band no paseo marítimo de Chapela


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: