www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

O Arealonga vai con paso firme a polo ascenso
Deporte • 4/03/2020
Autor: Ana Prieto

A falta de seis xornadas para que remate liga de 1ª Galicia, o Arealonga Cons. Castro é líder indiscutible da categoría. Logo da vitoria da pasada semana sobre o Club Cíos Vigo Mondariz, segundo na táboa, xa avantaxan ao seu perseguidor en 11 puntos. Os resultados tamén son excelentes para o xoven equipo feminino da 1ª Galicia, que ocupa o 5º posto na táboa.


Cando comezou a liga o equipo de Chapela tiña como obxectivo o ascenso a Preferente, e os seus excelentes resultados esta temporada fan prognosticar que o conseguirán máis cedo ca tarde. Logo de 18 xornadas disputadas lideran o campionato con absoluta superioridade. Suman 16 vitorias, 1 derrota e 1 empate, son o equipo máximo goleador con 135 dianas, e o que menos goles encaixa, tan só 46. O segundo clasificado, o Club Cios Vigo Mondariz, está xa a 11 puntos de distancia logo de perder en Chapela esta pasada fin de semana (2-0). Malia a estes números estratosféricos o club non se conforma. O xogador e presidente, Iván Vázquez, sinala que "sempre se pode mellorar", e anima ao equipo a seguir traballando "na mesma liña" para poder celebrar o título de liga e o ascenso a Preferente "canto antes". Esta fin de semana xogan ante o Beade "B". Aspiran a conseguir unha nova vitoria no pavillón IES Beade, o sábado ás 19.00 hora.


Primeira Galicia Feminino


Tamén no club valoran de xeito moi positivo ao equipo feminio, de 1ª Galicia, que está a colleitar moi bos resultados. Actualmente ocupan a 5ª praza na táboa, malia ser un equipo de rapazas moi novas. Na xornada pasada empataron na pista do Bueu (4-4) logo de que as locais se puxeran por diante no marcador en dúas ocasións cunha diferenza de 2 goles. Vázquez valora a actitude das xogadores "que nunca se rederon" e rescataron 1 punto. Esta fin de semana reciben en Chapela ao Balaídos, difícil partido ante o 2º da táboa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: