www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

Pazos solicita a súa adhesión ao programa "Xantar na casa"
Sociedade • 3/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Xantar na casa está pensado como un programa de atención a colectivos de persoas maiores, en situación de dependencia e en risco de exclusión social. O seu obxectivo é garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada aos usuarios para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra de alimentos e a confección de menús. A Xunta asume o 50% do gasto, mentres que o 50% restante repártese entre o concello e o usuario. O prezo non superará os dous euros por persoa e día.


O Concello de Pazos de Borbén sumarase ao programa "Xantar na Casa" impulsado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou o consistorio para informar os termos do convenio de colaboración entre o consistorio e a Xunta de Galicia para pór en marcha o programa.


O alcalde de Pazos de Borbén,Andrés Igrexas, indicou que se trata dun servizo mo inecesario nun concello cunha poboación de idade avanzada.


O prezo dos menús, nos que haberá variedade para pacientes con hipercolesterolemia, tensión alta, diabetes e outras doenzas, non superará os dous euros por persoa e día. O menú estará composto por un primeiro e un segundo prato e unha sobremesa.


Poderán solicitar a súa inclusión neste novo servizo as persoas dependentes que carezan de apoio familiar e requiran axuda para a preparación das súas comidas, os maiores de 60 anos que teño limitada a súa autonomía persoal e carezan dunha rede de apoio que supla esta situación e as persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social acreditada polos Servizos Sociais do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: