www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

As decisións arbitrais e os erros lastran ao CD Choco
Deporte • 2/03/2020
Autor: Ana Prieto

O conxunto redondelán perdeu ante o Silva (2-0) nun partido marcado pola polémica. Nas demais categorías do fútbol empate para o Arcade, e victoria do Atl Vilar ante o Gondomar. en fútbol sala gañaron Redondela, Campito e Arealonga. No balonmán triunfo para o Rodosa Chapela e empate da SAR Plastic Omnium.


Terceira División


Silva 2-0 C.D. Choco


O primeiro dos goles locais foi de penalti, dubidoso, e o segundo resultado dun erro no despexe de Cortegoso. O adestrador, "Gonza" e o porteiro suplente, Sergio, foron expulsados por protestar, ao que hai que sumar o cartón amarelo do delegado, Agustín. O resultado pon fin a un refacho de resultados positivos que acumulaba o equipo redondelán, con cinco xornadas sen perder. O capitán do Silva, Marcos, transformou a pena máxima logo da derriba de Sergio Santos. E ao fío do descanso, un erro de despexe de Cortegoso supuxo o 2-0. Na segunda parte o Choco dominou o xogo, pero case sen ocasións. A máis clara foi un remate de Comis que despexou Damián. O resulado deixa ao Choco como 5º clasificado, máis lonxe dos postos de promoción de ascenso. O domingo recibirá en Santa Mariña aoVilalbés (9º).


Primeira Galega



Santa Mariña 0-0 Arcade


Reparto de puntos entre dous rivais directos nun partido sen goles. O Arcade, que é 10º, recibirá na próxima xornada á Guía, no Salgueirón, co conxunto vigués na 7ª praza.


Segunda Galega



Marín 4-1 Cesantes


O Cesantes segue como pechacancelas logo dunha contundente derrota no campo do Marín. O domingo reciben ao Mosteiro.


Atl Vilar 4-0 Gondomar


Os de Vilar fixéronse fortes en San Martiño, onde superaron de xeito contundente ao Gondomar. Agora son 12º, coa salvación case asegurada. O domingo repiten como locais ante o Matamá.


Terceira Galicia



Chapela 0-1 Lavadores


O Chapela perdeu pola mínima ante o Lavadores nun partido moi igulado. O resultado deixa aos redondeláns moi afastados dos postos de cabeza e despídense do obxectivo de loitar polo ascenso. Na próxima xornada visitan o campo do Vincios, situado na parte baixa da táboa.


Teis 5-1 Nespereira


Na próxima xornada dispútase o Nespereira-Independiente


Futbol Feminino 1ª Liga Galega



O Val 5-1 Arcadia


As de Soutomaior sufriron un duro revés no campo do Val, e o Arcadia é agora 9º. Na próxima semana reciben no Salgueirón ao Valadares, coas viguesas na parte baixa da táboa.


Fútbol Sala



Terceira División



Lugo Sala 6-2 Pazos de Borbén F.S


Os lucenses puxeron fin á excelenta racha dos de Fran Amoedo, que encadeban oito vitorias consecutivas. O Pazos mereceu máis, e acabou goleado, malia que p equipo pelexou ata o final. Agora terán xornada de descanso, o 14 de marzo recibirán ao ED Vigo 2015.


Preferente Sur



Redondela Maramar 8-1 Coles


Contundente victoria dos redondeláns, que seguen preto dos postos de cabeza. Na próxima xornada dispútase o Quinta de Tui-Redondela Maramar, no Pavillón Novo de Tui


Teis 2-9 Campito


Os de Chapela fixéronse co derbi comarcal cun abultado marcador. Na próxima xornada reciben ao Balona Linense no pavillón Manuel González Soto.


Primeira Galicia


Arealonga Const.Castro 2-0 Club Cios Vigo Mondariz


O Arealonga segue como líder indiscutible logo dunha axustada victoria ante o 2º da táboa, o Club Cios Vigo Mondariz. Esta fin de semana xogan en Vigo, na pista do Beade "B"


Balonmán División de Honra Prata Feminina



Oviedo 22-17 SAR Rodavigo


O conxunto redondelán puxo fin á boa xeira de resultados en Asturias, ante o Oviedo, líder da categoría. Gran traballo das de "Chini" que mantiveron o marcador moi igualado ata os últimos minutos. A próxima fin de semana reciben en Redondela a outro dos "ósos", o Puerto del Carmen, 2º na táboa.


Primeira Nacional



Rodosa Chapela 33-25 Ingenio


Novo triunfo dos de Fran Teixeira que se engancha á pelexa polos postos de promoción de ascenso. Superou ao Ingenio e ponse 3º, empatado a puntos co Lalín, que é 4º, e a tan só 1 punto do 2º, Ampate Lanzarote. Esta fin de semana viaxan a Pontevedra pare medirse ao Teucro.


Primeira Autonómica



C.Ourense 28-28 SAR Plastic Omnium


Os de Pablo Muiños dmanteñen o liderado malia non pasar do empate no partido disputado en terras ourensás. Esta fin de semana recibe en Redondela ao Culleredo, 2º clasificado, ao que avantaxa en 2 puntos, cos de Redondela cun partido menos disputado.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: