www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

O alumnado do IES Illa de San Simón clasifícase para a final do Club de debate
Cultura • 2/03/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O instituto redondelá estará presente na final que se celebra en Santiago de Compostela o sábado 16 de maio e no que o alumnado participante deberá amosar os seus argumentos a favor ou en contra do tema "O futuro do galego está en nós". O equipo de San Simón logrou a súa clasificación o pasado venres, tras amosar as súas habilidades ante outros sete centros nun debate que xirou en torno ao tema "salvemos o planeta".


Os centros que participaron nesta fase da zona de Pontevedra foron os centros IES Luís Seoane, IES Valle Inclán, IES Sánchez Cantón, Escintileo do Cantón e Estoxo Azul do Lérez, 2 equipos de Redondela, IES Mendiño e IES Illa de San Simón e 1 equipo de Rianxo, IES Félix Muriel,


O xurado, formado por 5 profesionais da lingua e da comunicación, declaraou como gañadores, e polo tanto clasificados para a final, a o equipo do IES Félix Muriel de Riaxo e como segundo clasificado ao IES Illa de San Simón de Redondela.


A fase final terá lugar o sábado 16 de maio en Santiago de Compostela onde debaterán a favor e en contra do tema "O futuro do galego está en nós". O equipo con máis puntuación terá como premio unha viaxe multiaventura de fin de semana.


Este venres, 28 de febreiro, A Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a Concelleira de Ensino, Olga González, quixeron apoiar ao alumnado do IES San Simón e Mendiño, asistindo a fase eliminatoria que se desenvolveu no Pazo da Cultura de Pontevedra.


Segundo expresaba a Alcaldesa, o Club de Debate é unha actividade das concellarías de Normalización Lingüística para desenvolver as destrezas orais da lingua galega en distintos contextos, fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social, actividades que este Goberno está encantado de apoiar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: