www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 12 de Xullo de 2020

A investigadora María Torres fala en Redondela dos pontevedreses e redondeláns nos campos nazis
Cultura • 27/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Regresa María Torres, neta dun represaliado polo franquismo, memorialista e investigadora histórica a Redondela da man do Colectivo Republicano e faino para falar dos deportados galegos que finaron ou pasaron polos campos de concentración nazis, un tema no que leva traballando dende hai máis de tres anos en colaboración coa Asociación para a Recuperación da memoria. Este sábado impartirá na Casa da Cultura ás 19:30 unha charla na que tamén falará dos catro deportados de Redondela.


Dende hai tres anos está a mergullarse en arquivos, documentación e libros na procura de datos que lle permitan contar esas historias inxustamente esquecidas. Unha investigación que recoñece complexa e lenta porque os datos hai que buscalos lonxe do noso territorio, moits veces en documentación que se atopa en arquivos de Alemaña , Austria, Estados Unidos e outros países.


Torres explica que a investigación parte do censo de deportados elaborado por Benito Bermejo e Mercedes Núñez hai 12 anos, pero que a partir de aí hai que seguir investigando para coñecer quen eran esas persoas, como acabaron nos campos e que foi o que lles pasou aos poucos que lograron saír con vida.


De todo isto falará na charla deste sábado ás 19:30 horas na Casa da Cultura nun acto que organiza o Colectivo Republicano. Unha charla na que se centrará particularmente nos catro deportados redondeláns:  José María González Vázquez de Quintela, Alejandro Lafuente Pouse e Olimpio Míguez Pazos naturais de Redondela, e Antonio Piñeiro Otero de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: