www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Xullo de 2020

O Goberno local reclama á Xunta a reforma da Avenida Mendiño
Institucional • 27/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Conselleira de Infraestruturase Mobilidade, Ethel Vázquez comprometera esta actuación en febreiro de 2019, malia que a día de hoxe, segundo asegura o executivo local, "a reforma da Avenida Mendiño non ten proxecto redactado". A única información por parte do goberno galego en torno a esta obra foi "extraoficial" e para asegurarnos que o "proxecto estaba en proceso" afirma Digna Rivas.


Despois de 2 requirimentos por escrito á Consellería correspondente, o Goberno segue a espera de información sobre o estado de tramitación do expediente. Estes requirimentos enviáronse hai máis de 5 meses e ían acompañados dun informe emitido por un técnico municipal no que se manifestaba a urxencia desta actuación debido ao mal estado das beirarrúas e falta de iluminación dunha avenida moi transitada por ser zona de paso de centros de escolares, usuarios do centro de saúde e demais servizos.

O certo, sinala o executivo redondelán é que "a propia Xunta confirmou extra oficialmente a este Concello "que o proxecto estaba en proceso" e, polo tanto, confírmase que cando a conselleira de Infraestruturas aseguraba en febreiro de 2019 "que o proxecto estaba redactado e que as obras comezarían no pasado verán" ou ben "estaba mentindo ou ben mentíronlle a ela", en calquera caso, "nin existía proxecto daquela, nin existe hoxe, nin existe convenio asinado entre ámbalas dúas administracións porque, para iso, faría falta o antedito proxecto".


Considera "grave" o Goberno local que tanto a conselleira como a portavoz do PP en Redondela, "acusaran á Alcaldía de Redondela de mentir sobre este tema" cando agora demóstrase que ditas acusacións "non eran máis que un intento de fuxir cara adiante".


"O tempo que sempre da ou quita razóns -di o Goberno de Redondela- demostra unha vez máis que o anuncio feito con gran despregue de medios, non era máis que un anuncio electoralista que, meses despois, queda en total evidencia".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: