www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

Lectura e maxia na Biblioteca de Chapela
Cultura • 27/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Biblioteca Xela Arias convoca un máxico club de lectura para a rapazada da contorna. Poden participar nenos e nenas de 8 a 12 anos nunha actividade que se vai impartir un xoves ao mes en horario de 18:30 a 19:30 horas. Comezará o xoves 12 de marzo e estará impartido pola maga Leo Leíño.


Unha proposta na que se combina lectura e maxia, unindo á fantasía e emoción da lectura a diversión do ilusionismo, coa aprendizaxe de trucos e moitos misterios.


Para conducir a actividade contarán cunha veterana nas bibliotecas municipais, a prestidixitadora Leo Leíño, con longa experiencia na organización de clubs de lectura infantís e xuvenís.


As persoas interesadas deben inscribirse nas biblioteca de Chapela, no Multiúsos do Piñeiral do Crego en horario de tarde, chamando ao teléfono 986 454226 ou no enderezo bibliotecachapela@redondela.gal


Os días de realización do obradoiro son os xoves 12 de marzo, 16 de abril, 21 de maio e 18 de xuño.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: