www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 13 de Xullo de 2020

Digna Rivas pide "non alarmar" nin magnificar o problema da seguridade en Redondela
Política • 25/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A alcaldesa recoñece que se ten detectado un incremento no número de roubos que están a afectar a toda a provincia "sábese que hai bandas itinerantes que teñen cometido roubos en diferentes concellos da provincia, tamén en Redondela" e asegura que para garantir a seguridade dos veciños "reforzouse a presenza policial, tanto nos cascos urbanos como nas parroquias". Lamenta que o PP "lonxe de realizar unha oposición construtiva se dedique a alarmar á cidadanía".


Desvincula completamente a alcaldesa de Redondela o hipotético incremento no número de roubos cometidos nos últimos meses no noso concello, denunciado dende o PP, coa reestruturación da Policía Nacional levado a cabo en maio do pasado ano. Lembra neste sentido que os últimos datos aportados na Xunta Local de Seguridade reunida en outubro, confirmaba que a integración da Policía Nacional nos servizos de radiopatrullas de Vigo xunto a actuación durante 24 horas dun coche patrulla na localidade supuxeran unha mellora nos servizos policiais, cun incremento do 111% en canto ao número de servizos prestados en comparación con 2018.


En todo caso, explica que o goberno local está pendente dun informe pormenorizado para estudar máis polo miúdo a situación e confirma que se incrementou o número de operativos, tanto da policía local como nacional, que patrullan polo municipio "unha maior presenza policial que busca mellorar a vixilancia".


Conclúe Rivas lamentando a "política de alarmismo" que están a desenvolver os populares aos que lles afea que na vez de realizar unha oposición construtiva de dediquen a magnificar o problema.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: