www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 13 de Xullo de 2020

As chuvias matinais non deteñen o Entroido
Cultura • 25/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O concello confirma que se manteñen todas as actividades previstas para esta tarde e confía en que se cumpran as previsións que falan dunha notable melloría do tempo nas vindeiras horas. Os actos previstos inclúen o concurso de disfraces ás 17:00 horas, o espectáculo Vatra ás 19:00 horas e a Queima do Meco. A xornada rematará cun concerto de música pop na Alameda con grupo Nuevo Plan.


Os espectáculo da compañía Pablo Méndez Performances será un dos pratos fortes da xornada. As sete da tarde está previsto que os máis de vinte participantes neste pasarrúas partan dende a praza de Ribadavia en dirección ao centro da vila, onde rematará cunha actuación a cargo de bailaríns, acróbatas, música en directo e un final con lume. A continuación darase paso á queima do meco, cun presidente da Autoridade Portuaria que será devorado polas lapas.


A música dos 80 e 90 encherá de ritmo a Alameda de Castelao coa actuación do grupo Nuevo Plan ás 20:30 horas.


Previamente os nenos terán as súas propostas con obradoiros infantís de pintacaras, peiteados tolos, antefaces e globoflexia na Alameda, dende as 17:00 ás 19:00 horas e tamén, no mesmo horario, desenvolverase o concurso de disfraces no que poden participar todos os que o desexen inscribíndose a partir das 16:00 horas nos soportais do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: