www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Xullo de 2020

Un flashmob para animar o domingo de Entroido
Cultura • 21/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Fin de semana de entroido con actividades para o público infantil e o tradicional desfile de comparsas que centran o groso das propostas que organizan dende o Concello e que como novidade desta edición, inclúe tamén a realización dun Flashmob o domingo 23 ás 13:00h na Alameda Castelao. Para que os participantes coñezan os pasos pódese ver un vídeo tutorial na páxina do concello con música de Shakira.


O Waka Waka que tan famoso fixera Shakira serve de banda sonora para o flashmob que este domingo se vai vivir na Alameda de Redondela. Unha actividade que busca congregar a grandes e cativos para que todos a un tempo bailen este tema tan popular. Na páxina web do concello podemos aprender os pasos grazas a un vídeo tutorial que vai explicando o baile.


Unha novidade que se suma ao resto de actividades previstas. Na tarde do sábado a partir das 17:00 horas haberá obradoiros infantís de disfraces na Alameda e inchables de balde na Pista da Xunqueira. Tamén música de Paco Nogueiras co Brinca Vai! na Alameda a partir das sete.


O domingo a animación musical arrancará con Cé Orquestra Pantasma ao mediodía e a continuación quenda para o baile na Alameda.


De cara a tarde teremos o tradicional desfile de comparsas coa participación de 26 formacións que sairán ás seis dende o Campo da Feira ata rematar en Vilavella.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: