www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

Os escolares de Angorén contarán cun semáforo na N-552
Institucional • 20/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local ven de adxudicar a obra de instalación do semáforo por un importe de 36.000 euros, con cargo ás arcas municipais. Os traballos comezarán nos vindeiros días e o sinal debería estar operativo nun prazo máximo de dous meses. Instalarase nun tramo próximo ao colexio de Angorén o que favorecerá a seguridade viaria dos escolares así como a dos veciños residentes nas inmediacións.


O actual Goberno Municipal solicitara a Fomento o correspondente permiso para instalar un semáforo coa intención de reducir o risco de accidentes nas inmediacións do acceso ao Colexio Alexandre Bóveda. Ademais do correspondente grupo semafórico, realizarase unha modificación da sinalización vertical e horizontal actual para a súa adecuación á nova situación.


Asinado xa o contrato de adxudicación á empresa constructora por un importe de 36.142,70 euros, que financiará con fondos municipais, a empresa encargada comezará os traballos nos próximos días.  A obra terá un prazo máximo de execución de 2 meses.


Esta é unha das demandas históricas da parroquia de Chapela que durante anos leva manifestado a súa preocupación pola perigosidade e a falta de seguridade vial nunha estrada de moita afluencia de tráfico como é a N-552.


No inicio do curso o alumnados do centro Alexandre Bóveda xunto con país e nais realizaran diferentes mobilizacións para demandar este semáforo, coa colocación de mochilas na beiravía da estrada.


A alcaldesa, Digna Rivas, amosou a súa satisfacción por ter conseguido a autorización do Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana "so uns meses despois de conseguir o gobernó, aínda que lamenta que o procedemento administrativo ordinario de contratación dilatara máis do desexado a súa instalación".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: