www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Xullo de 2020

O Choco aproveita os erros do Estradense
Deporte • 17/02/2020
Autor: Ana Prieto

Primeira vitoria do equipo rendondelán no que vai da segunda volta rompendo así unha xeira de varios empates. No fútbol sala triunfos de Pazos e Arealonga, e no balonmán vitoria en Xixón da SAR Rodavigo, a quinta consecutiva.


Terceira División


Estradense 1-3 C.D. Choco


Case ao comezo do encontro, no minuto 19, os locais perderon un balón en mediocampo, o que acabou cunha contra do Choco. Sergio rematou a porta, Cascallar desviou o balón e Edu Otero aproveitou o rexeitamento para pór o 0-1 no marcador. E só tres minutos despois, unha acción moi similar. Outro balón perdido na medular, que aproveitou de novo Edu Otero para plantarse ante Cascallar e batelo cunha perfecta vaselina. Un gol de Martín Sánchez mediada a segunda parte, recortaba distancias, pero un par de minutos despois chegou a segunda amarela de Martín Vilar, e o Estradene quedaba cun home menos. Con todo, aguantou o Estradense con opcións de acadar o empate até o tramo final, pero chegou a segunda expulsión, neste caso a de Javicho, e Jar sentenciou para o Choco co 1-3 definitivo. EScala ata a 5ª posición o conxunto redondelán, que o domingo recibe en Santa Mariña ás Pontes, co rival situado na metade baixa da táboa.


Estradense: Cascallar, Martín Vilar, Vicente (Anxo, min 76), Juanín, Ander, Martín Sánchez, Javicho, Iván (Brais Calvo, min 60), Brais Vidal, Ube (Antón, min 67) e Porrúa.


Choco: Cortegoso, Mario (Tomás, min 76), Aitor, Iago, Vitra, Suárez, Comis (Yeray, min 64), Caloi, Edu Otero, Sergio e Martín (Jar, min 83).


Goles: 0-1, min 19: Edu Otero. 0-2, min 22: Edu Otero. 1-2, min 67: Martín Sánchez. 1-3, min 93: Jar.


Primeira Galega



Arcade 1-2 C.Lameiro


Os de Soutomaio baixan ao 10º posto na táboa logo da derrota, e preparan o encotnro da próxima xornada. Visitan o campo do Santa Mariña, 9º, a un punto de distancia.


Segunda Galega



Vilaboa 3-2 Cesantes


O Cesantes tnetouno, pero finalmente segue como pechacancelas logo da derrota ante o Vilaboa. O domingo reicben ao Xil, un posto por riba dos de Redondela, cun punto máis. Unha vitoria permitiríalle ao Cesantes deixar a última posición.


Atl Vilar 1-1 Gondomar


Os de Vilar sumaron un punto logo do empate ante o Gondomar, o que non é suficiente para sair dos postos perigosos da táboa. A próxima xornada visitan o campo do Tebra, pechacancelas do grupo.


Terceira Galicia



Chapela, xornada de descanso.


Moledo 4-0 Nespereira


Os de Pazos non foron quen de superar ao Moledo, que comezaba o partido como pechacancelas do grupo. Na próxima xornada dispútase o derbi comarcal entre o Nespereira e o Chapela.


Futbol Feminino 1ª Liga Galega



Arcadia, xoranda de descanso. Próximo partido O Val-Arcadia


Fútbol Sala



Terceira División



Bueu 3-6 Pazos de Borbén F.S


Sétima victoria consecutiva para os de Fran Amoedo, que levan unha xeira de resultados espectacular. Mercido triunfo en Bueu con goles de Borja (2) , Diego (1) , Pablo (1) , Joni (1) e Luis(1). O Pazos mantén o 9º posto, e esta fin de semana recibe ao Baiña, 12º do grupo.


Primeira Galicia



Arealonga Const.Castro 10-2 Pecheches


Os de Chapela defenderon sen problemas o liderato na casa ante o Pecheches, cunha demoledora goleada. O sábado a cita será no Pavillón Novo de Tui ante o Tuio Futsal, cos anfitrións na metade baixa da táboa.


Balonmán División de Honra Prata Feminina



Xixón 22-26 SAR Rodavigo


As redondelas suman a súa quinta vitoria consecutiva. Este fin de semana en terras asturianas dominaron o marcador, pero tiveron que pelexar até o final para traer os dous puntos. Na próxima xornada as de "Chini" reciben en Redondela ao Valladolid, undos equipos fortes desta liga, 5º na táboa.


Primeira Nacional



Tenerife 24-22 Rodosa Chapela


Os de Fran Teixeira seguen segundos na táboa a pesar da derrota en Canarias nun partido adiantado da xornada 27ª, e que ata o final estivo moi igualado. Os de Chapela están a dous pintos do líder, o Lalín, co que se miden este mércores (21.00 horas) no Manuel González Soto.


Primeira Autonómica



Poio-SAR Plastic Omnium, aprazado


O conxunto redondelán dxogará na casa esta fin de semana ante o Eumesa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: