www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

Redondela analiza a documentación para aclarar a titularidade do Meirande
Política • 17/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local realiza a estas horas diferentes indagacións de cara a dilucidar e recompilar toda a información necesaria para coñecer a titularidade dos terreos nos que se asenta o Museo da Batalla de Rande. Unhas pescudas que levaron tamén aos representantes do goberno a poñerse en contacto co presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga. Queren así aclarar a situación destes terreos logo de que na xornada de onte o Faro de Vigo dese a coñecer as intencións da familia dos Franco de poñelos en venda.


A información fai referencia ás intencións dos Francos de vender 7.800 metros cadrados de terreo nos que se atoparía o Museo Meirande. Con todo, nada máis coñecerse esta información a alcaldesa, Digna Rivas trasladaba "unha mensaxe de tranquilidade aos veciños e veciñas de Redondela" engadindo que están xa a traballar para pescudar e cotexar toda a información necesaria para esclarecer este asunto.


"Imos defender e a loitar polos intereses e dereitos da veciñanza para que o "Meirande" e o seu entorno segan sendo como sempre foron de Redondela" afirmaba a alcaldesa, quen confía en que ao longo da mañá poidan achegar máis datos en torno a este asunto.


Malia as pretensións dos Franco o certo é que, tal e como se recolle no BOE do 23 de setembro de 2011, a Autoridade Portuario fixera pública a tramitación da concesión administrativa dos terreos ocupados pola Aula de Interpretación da Batalla de Rande onde constan los 2.500 M2 da fábrica do alemán, "terreos enmarcados dentro da zona de servizo do porto de Vigo".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: