www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Xullo de 2020

Fran Amoedo: "Os últimos resultados do S.D. Pazos compensan a mala sorte do comezo de liga"
Deporte • 7/02/2020
Autor: Ana Prieto

O equipo de fútbol sala de Pazos de Borbén, campión de Terceira División na pasada temporada, comezou esta campaña con malos resultados logo dunha importante reestruturación no club. Rematada a primeira volta o equipo vive un momento "doce" grazas ao cambio de tendendia, e suman cinco vitorias consecutivas nos últimos partidos.


A pasada fin de semana foron quen de gañar nas Travesas ao Ganomagoga Vigo F.S., un dos equipos con mellor plantel da categoría. Para o adestrador, Fran Amoedo, "faise xustiza" e os bos resultados obtidos nos últimos partidos compensan a mala sorte que acompañou ao equipo nas primeiras xornadas. Parte do éxito, ademais do traballo dos xogadores, corpo técnico e directiva, é tamén dos seareiros do club. Amoedo recoñece que teñen unha afección "de luxo" que os apoia non só nos partidos que xogan na casa, senón tamén nos seus desprazamento. No inicio da segunda volta o Pazos é o 9º clasificado, na metade da táboa, unha posición que os deixa á mesma distancia dos postos de promoción de ascenso que do descenso, a dez puntos. O obxectivo do club é seguir neste refacho positivo e ir subindo posicións, ou cando menos "evitar os postos de perigo preto do descenso".


Pazos de Borbén-Valdesuso Peugeot Vilalba


O sábado recibirán en Pazos ao Valdesuso Vilalba, líder do grupo empatado a puntos con Stelae F.S. Petroni e C.D. Lugo Sala. Amoedo advirte que será un partido "moi difícil", xa que se trata dun equipo de gran calidade, "feito para o ascenso e con algúns dos mellores xogadores desta liga". Con todo, lembra que na primeira volta o Pazos gañou en Vilalba por 5-6. O partido xogarase este sábado, ás 18.30 horas, no pavillón municipal de Pazos.


 


 


 


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: