www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

Arteterapia para curar corpo e alma
Sociedade • 5/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Igualdade de Soutomaior organiza un obradoiro de "arteterapia" dirixido a todas aquelas persoas interesadas en xogar e experimentar coa arte. Ofértanse un total de 15 prazas para esta actividade que se impartirá os venres de 10 a 12:00 horas no Multiúsos de Arcade. As persoas interesadas deben inscribirse antes do 20 de febreiro.


Este obradoiro de "arteterapia" busca atopar o equilibrio por medio da expresión artística. As persoas que participen, serán as protagonistas do seus procesos e de organizar as súas necesidades para acercarse ó seu benestar.


A práctica de Arteterapia está indicada para todas as persoas, e está recomendada especialmente para aqueles que se atopen en procesos de recuperación de doenzas de carácter prolongado e procesos inflamatorios. Serve tamén para acompañar a persoas que se atopen en procesos emocionais de crise.


A inscrición debe facerse en liña a través da páxina web do concello de Soutomaior.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: