www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 14 de Xullo de 2020

Arrancan as visitas guiadas aos xardíns e ao Castelo de Soutomaior
Cultura • 4/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Deputación de Pontevedra pon en marcha estas visitas centradas na camelia. Coincidindo coa etapa de floración desta flor de inverno, as rutas estenderanse durante os meses de febreiro e marzo. Haberá dúas modalidades: as visitas guiadas temáticas solo a xardíns celebraranse os martes e xoves ás 12 horas, e as sesións que inclúen o castelo e os xardíns tamén se levarán os martes e xoves pero ás 16 horas. As persoas interesadas en participar poderán adquirir as entradas tanto de forma presencial coma na páxina web https://entradas.castelodesoutomaior.com/.


As visitas arrancarán este mesmo martes día 4, aproveitando así a etapa de floración da camelia, moi presente nos xardíns do Castelo. Unha iniciativa que se prolongará os martes e xoves dos meses de febreiro e marzo. Deste xeito, unha persoa especializada encargarase de guiar ás persoas asistentes polos xardíns, declarados de Excelencia Internacional en Camelia, explicándolle as características da flor, amosando as variedades máis representativas, a súa orixe, historia, os usos e coidados que require a vida da planta.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: