www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 4 de Xullo de 2020

Identificados catro mozos que disparaban contra unha árbore no paseo de Cardona en Chapela
Sucesos • 3/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Axentes da policía local acudiron ao lugar logo de seren alertados polo 112 sobre a presenza duns mozos que estaban a realizar disparos na zona. Comprobouse posteriormente que se trataba dunha arma simulada, é dicir, unha "pistola de balines" de plástico que foi intervida. O menor enfróntase agora unha sanción económica.


Os feitos producíanse o sábado no Paseo de Cardona e ata o lugar desprazábanse os axentes, comprobando que a arma non era real. Con todo procederon a súa incautación a tramitar unha denuncia para a correspondente sanción administrativa.


Tamén a Policía local procedía este domingo a identificar a dous mozos que se estaban facendo selfies nas vías do tren en Rande. Neste caso dous veciños de Vigo que tamén poderían ter que enfrontarse a unha multa polo risco que causaban coa súa actuación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: