www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 30 de Marzo de 2020

O CD Choco salva un punto en tempo de desconto
Deporte • 3/02/2020
Autor: Ana Prieto

Os de "Gonza" acadaron un empate no campo do Polvorín no minuto 93, logo dun partido marcado polas xogadas polémicas. Tamén empatou o Atl. Vilar, e gañou o Chapela. En fútbol sala pleno de vitorias con triunfos de Pazos, Campito e Arealonga. Tamén no balonmán, onde gañaron SAR Rodavigo e Rodosa Chapela.

 

 


Terceira División



Polvorín 1-1 Choco


Malia tentalo durante moitos minutos, e xogando 45 en superioridade cun penalti errado incluído, o Choco conseguiu empatar no minuto 93 cun gol de Davicín. O encontro contou cun longo tempo de prolongación por mor das numerosas interrupcións. O conxunto redondelán queixouse ante a actuación arbitral e reclamou dous penaltis e unha vermella por unha cotenada sobre Aitor. O colexiado obviou as accións e Morais adiantou aos locais ao cuarto de hora. O Polvorín quedou cun home menos por expulsón de Matías no minuto 45. O Choco insistiu e Adrián Rodríguez fallou un penalti, Comis estrelou un balón no traveseiro e, finalmente, Davicín empataba o encontro no tempo engadido. Un punto para o conxunto redondelán que suma a súa cuarta xornada consecutiva sen gañar, pero permítelle manterse vivo na súa loita por alcanzar a zona de play-off de ascenso, que agora ten a catro puntos. Na próxima xornada visita Santa Mariña o U.D. Ourense, 7º na táboa cun punto máis que os redondeláns.


Polvorín: Unai; Varo, Matías, Nico, Quindimil; Juan Brunet, Manu Núñez; Alex Rei (Pablo Rei, min. 46); Rayco, Morais (Luís Díaz, min. 62); e Chiqui (Vidal, min. 81)


Choco: Cortegoso; Mario, Yago Vázquez, Vitra (Edu, min. 79), Aitor Cañedo (Martín, min.62); Alberto Suárez, Caloi; Comis, Tomás Abelleira (Davicín, min.79), Aitor Cañedo (Martín, min.62); e Adrián Rodríguez.


Goles: 1-0, min. 14: Morais; 1-1, min. 93: Davicín.


Primeira Galega



Arcade 1-2 O Grove


Sopresiva derrota do Arcade ante o pechacancelas. Os de Soutomaior son agora 11º, na próxima xornada xogan no campo do Alertanavia, 3º do grupo e aspirante á fase de ascenso.


Segunda Galega



A Lama 3-0 Cesantes


O Cesantes segue como pechacancelas do grupo, e o reciben ao Romay, equipo da parte baixa.


Atl Vilar 2-2 Chaín


Os de Vilar suman 1 punto e complican a permanencia. O domingo visitan o campo do Mos, 5º na táboa.


Terceira Galicia



Chapela 3-0 Independiente


O Chapela selou no último momento a súa vitoria fronte a un Independente que chegaba coa moral reforzada despois dos seus últimos resultados. Así, os visitantes mantiveron as súas posibilidades de pelexar o empate ata que os locais confirmaron o seu triunfo con dous goles no tempo engadido. O Chapela mantense na pelexa polo fase de ascenso, no 5º posto, e ten o domingo un partido importante, xa que visitan ao Balaídos, 3º do grupo.


Oiense 2-0 Nespereira


O domingo recibirán ao Coia B, un dos favoritos ao ascenso.


Futbol Feminino



Orzán 5-2 Arcadia


O de Roberto García sufriu unha goleada en terras coruñesas e baixa ao 8º posto da táboa. N apróxima xornada van ter complicado mellorar posicións, xa que reciben ao UD Mos, que lidera a liga xunto ao Vitoria. As de Mos están invictas esta temporada e só encaixou 5 goles en 19 xornadas.


Fútbol Sala



Terceira División



Vigo FS 2-3 Pazos de Borbén F.S


Quinto triunfo consecutivo nun encontro vibrante no que os de Fran Amoedo rendiron a un gran nivel, arroupados por moitos dos seus afeccionados que se desprazaron a Vigo. O sábado reciben ao Valdesuso Vilalba, líder do grupo. A cita é ás 18.30 horas no pavillón municipal de Pazos.


Preferente Sur



Lume corbatas-Redondela Maramar (aprazado)


Na próxima xornada reciben no pavillón da Marisma ao Celado Mos, situado na metade baixa da táboa. O domingo ás 16.15 horas.


Campito 6-3 Cesures


Os de Chapela escalan posicións logo de superar con solvencia ao Cesures. Agora son 7º, e na próxima fin de semana visitan a pista do pechacancelas do grupo, o Coles.


Primeira Galicia



Arealonga Const.Castro 9-5 Ancoradouro


Os de Chapela mantéñense fortes no liderato logo da vitoria na casa ante o Ancoradouro. O sábado viaxan ao pavillon municipal da Raña para medirse ao Marín Ponfincas, 4º na táboa.


Balonmán División de Honra Prata Feminina



SAR Rodavigo 34-24 Palencia Turismo


Malia o abultado do marcador, ás de "Chini" costoulles despegarse no marcador. As visitantes comezaron moi fortes e puxéronse por diante (3-7). Aos poucos as redondelás reaccionaron (15-14). Na segunda parte a SAR tomou o mando e acabou cunha vantaxe de 10 goles. No 10º posto do grupo, a SAR visita esta fin de semana a pista do Lavadores, 8º na táboa e con 2 puntos máis no casilleiros.


Primeira Nacional



Seis do Nadal 22-23 Rodosa Chapela


O Rodosa Chapela impúxose en Coia no derbi co Magope Seis do Nadal (22-23) e recortou diferenzas cos dous primeiros, o Embutidos Lalinense e o Ampate Lanzarote, que empataron no duelo disputado na mesma xornada. Foi un derbi moi disputado, con moita presión en defensa do Chapela, que o Seis do Nadal protestou pola súa dureza. Os de Fran Teixiera puxéronse por diante (14-18, min. 45), pero os vigueses empataron e a 90 segundos do final o resultado era 22-22. Vidal Estévez anotou o tanto definitivo para os redondeláns. O Rodosa mantense na terceira praza, pero empatado a puntos co Lanzarote e a dous do líder, que segue sendo o Lalín.


Primeira Autonómica



Lavadores-SAR Plastic (aprazado)


O conxunto redondelán segue como líder malia e a próxima fin de semana recibe ao Rasoeiro, cos do Grove na metade baixa da táboa, malia que os do Grove veñen de gañar ao Culleredo, 2º clasificado.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: