www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 1 de Abril de 2020

A chamada dun conductor que viu fume nunha vivenda evita unha traxedia en Cabeiro
Sucesos • 31/01/2020
Autor: Ana Prieto

Na madrugada de onte, un conductor que circulaba pola parroquia de Cabeiro advertiu que saia fume dunha vivenda. Chamou aos servizos de emerxencia e alertou tamén aos propietarios da casa. A súa rápida intervención evitou unha traxedia. O lume afectou ao baixo e ao primeiro andar da casa, e unha muller de 86 anos tivo que ser asistida polos servizos sanitarios.


Os feitos acontecían arredor das 2:20 da madrugada do xoves, cando unha persoa que circulaba co seu vehículo viu sair fume dunha vivenda e deu aviso ao 112 Galicia. Grazas á súa intervención, tocando ao timbre e alertando aos propietarios da casa, puido evitar males maiores. Segundo informa a Policía Local de Redondel, o lume afectou só ao baixo e ao primeiro andar do inmoble. No lugar interviron os bombeiros do Baixo Miño, así como unha ambulancia do 061, que asistiu a unha muller de 86 anos que se atopaba no interior do domicilio e que foi trasladada a un centro hospitalario por precaución.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: