www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 21 de Febreiro de 2020

Os vándalos esnaquizan outra vez as árbores do paseo da Punta en Cesantes
Sucesos • 27/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local chama á colaboración cidadá para tentar localizar aos autores e incrementan a vixilancia policial na zona da praia de Cesantes. Nesta ocasión foron un total de catro árbores, unha delas de gran tamaño, as que se viron afectadas. Na fin de semana pasada a acción dos vándalos deixara un total de sete árbores esnaquizadas, algunhas tronzadas pola metade e outras arrancadas directamente do chan.


Os vándalos téñena tomada coas árbores do paseo da Punta na Praia de Cesantes. En tan só dúas fins de semana romperon once exemplares. Algúns foron arrancados de raíz e outros tronzadas pola metade o que obriga a repoñelos de novo. As árbores menos afectadas serán replatadas.


Todo apunta á acción dos vándalos que terían actuado na noite do sábado, do mesmo xeito que na fin de semana anterior. "Son reincidentes polo que solicitamos a colaboración veciñal para tentar localizar aos autores e evitar que segan con estas prácticas que nos prexudican a todos" explica o edil de Medio Ambiente, Roberto Villar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: