www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Febreiro de 2020

Concentración en Redondela en repulsa polo asasinato machista da Pastoriza
Sucesos • 27/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Medio cento de persoas concentrábanse hoxe luns ás portas do Concello para amosar o seu rexeitamento á violencia de xénero e en sinal de repulsa tras a última vítima, a muller asasinada este sábado na Pastoriza polo seu marido. A concentración tiña lugar ás 13:00 horas convocada polo Concello e repetirase esta tarde ás 20:00 horas, neste caso enmarcada dentro das mobilizacións organizadas dende os movementos feministas.


No acto de repulsa celebrado este mediodía a alcaldesa Digna Rivas, lembraba á última vítima de violencia de xénero no que vai de ano, Manuela Iglesias, de 79 anos e que eleva a seis o número de asasinadas polas súas parellas ou ex parellas neste mes de xaneiro.


Trátase da primeira muller asasinada por violencia machista en Galicia neste 2020 e que eleva xa a 1.039 o número de asasinadas dende o 2003 no conxunto de España.


Denunciaba tamén na súa intervención que se lle dea cobertura a aqueles que negan a existencia da violencia machista.


Un acto que contou coa presenza de representates de todos os grupos políticos así como trballadores do concello.


Con motivo deste crime, a Marcha Mundial das Mulleres convoca para esta tarde concentracións en toda a xeografía galega, unha delas en Redondela ás 20:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: