www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Agosto de 2020

Medio Ambiente instala unha "barreira reforzada" no Alvedosa para a recollida de plásticos
Institucional • 27/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A barreira orixinal quedara esnaquizada por mor das riadas de decembro o que obrigara a súa retirada. A nova barreira ten a estrutura reforzada e agora estúdase un sistema mecanizado de retirada en caso de novas riadas para evitar que volva romper. O edil de Medio Ambiente, Roberto Villar, asegura que "está demostrada a súa eficacia na recollida de plásticos, evitando así que cheguen ao mar".


Tras as chuvias torrenciais acontecidas no pasado mes de decembro a Concellaría de Medio ambiente viuse obrigada a retirar a barreira situada sobre o río Alvedosa logo de que os soportes da mesma, situados nos laterais do río, non soportasen a forza do caudal e acabara rachando.


A barreira volveuse agora instalar no mesmo lugar porque, explican dende Medio Ambiente, "ata que foi esnaquizada polo temporal estaba traballando moi ben. Cada semana retirábanse das barreiras unha boa cantidade de plásticos e doutros refugallos. Deste xeito conseguíase que non chegaran ao mar. Confiamos en que agora mesmo funcione mellor" .


A nova instalación presenta unha estrutura reforzada e estúdase agora a posibilidade de engadir un sistema mecanizado para poder retirar a barreira rápida e facilmente en caso de futuras riadas podendo evitar así novas roturas", engade Villar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: