www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 1 de Abril de 2020

Redondela acolle un festival internacional de Big Bands
Cultura • 23/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Xingros Big Band do Conservatorio de Redondela en colaboración co Concello organiza a I edición deste festival que contará coa presenza dunha banda de Teruel e outra chegada dende os Países Baixos. Haberá concertos os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro así como charlas abertas a todos os interesados. As entradas para os concertos, que se celebrarán ás 20:00 horas no Multiúsos, están a venda a un prezo de 2€ cada un ou un bono para os tres por 5 euros.


Primeira edición dun festival que nace con vocación de continuidade e que contará nesta ocasión coa participación da big band do Conservatorio Victor Ureña de Redondela, a Xingros Big band, a de Teruel e a The River Aa Big band de Holanda.


O festival terá un carácter moi pedagóxico cun concerto para os escolares de Redondela así como conferencias sobre novas tecnoloxía aplicadas á música, a evolución do repertorio de big bands e unha master class de improvisación musical.


Pero haberá tamén concertos en directo onde o público poderá gozar cun repertorio cargado de temas populares de swing e jazz propios deste tipo de formacións musicais.


O programa inclúe tamén concertos de agrupación de música tradicional de Teruel e Galicia que se poderán seguir na mañá do sábado na praza do Concello.


O festival e as actividades que inclúe o programa está integradas no conxunto de actividades que desenvolver o Conservatorio de Música como escola asociada á Unesco dende 2018, promovendo o entendemento internacional, a paz, o diálogo intercultural, o desenvolvemento sostible e a educación de calidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: