www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 1 de Abril de 2020

Redondela amosa o seu potencial turístico en FITUR
Institucional • 22/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Turismo, Daniel Boullosa, manterán encontros con turoperadores para dar a coñecer a importancia turística de Redondela como punto de confluencia de dúas Rutas Xacobeas e participarán na presentación oficial do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño que terá lugar no stand de Turismo de Galicia. Redondela forma parte deste proxecto creado en 2019.


A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, asistirán á 40 edición da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2020, que se desenvolve en Madrid entre o 22 e 26 de xaneiro. Aproveitando a súa presenza na que é unha das citas máis importantes de Europa de recursos turísticos, manterán encontros con turoperadores para darlles a coñecer o enorme potencial turístico de Redondela.


Nesa liña, a rexedora local salientou a importancia de Redondela como lugar e confluencia de dúas das Rutas Xacobeas que máis afluencia de peregrinos e peregrinas rexistra, como son o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa.


Rivas chamou a atención sobre a necesidade de "apostar pola promoción turística do noso municipio como elemento dinamizador da economía local e desestacionalizador do turismo". A presenza en Fitur, apuntaba o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, "é unha excelente oportunidade para dar a coñecer os grandes recursos turísticos naturais, culturais e históricos cos que contamos é que é preciso fomentar".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: