www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Cita co Cocido no día grande das Festas de San Vicente de Trasmañó
Sociedade • 21/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A parroquia redondelá inicia este mércores as festas patronais que inclúen citas relixiosas, musicais, verbenas, propostas para os máis pequenos, unha concentración de coches clásicos e a XI edición da festa do cocido, que terá lugar o domingo 26. As persoas interesadas deben reservar os seus tickets chamando aos teléfono 663 17 69 51 ou 670 884 419. Tamén poden adquirilos na cafetería O Rodeo en Rande ou a través das redes sociais da Comisión de Festas.


A cita gastronómica do domingo volverá centra a xornada grande das festas, un copioso prato onde non faltará a sopa, as sobremesas e os tradicionais ingredientes dun bo cocido, todo baixo unha carpa climatizada para garantir as comodidades dos comensais.


Degustar este completo cocido é unha das propostas que nos deixa o programa de festas que arranca este mesmo mércores coas tradicionais citas relixiosas pero que vivirán na fin de semana as súas actividades principais.


Como novidade, nesta edición organizan un serán musical a partir das 20:30 horas do venres no que haberá viño da casa, choripán e chocolate con rosca para acompañar unha tarde noite á que convidan a todos aqueles que saiban tocar algún instrumento a participar activamente.


O sábado arrancará coa III concentración de vehículos clásicos que percorrerán a parroquia.


Pola tarde haberá tamén actividades para os nenos con cucañas, xogos populares e o grupo de animación infantil Rivel. Pechará a xornada a verbena amenizada polas orquestras Compostela e Miramar e unha gran tirada de fogos de lucería.


O domingo, logo dos actos relixiosos na honra de San Blás, arrancará a degustación do cocido e a orquestra Trebol será a encargada de pechar a xornada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: