www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 21 de Febreiro de 2020

Kiko Davila: "Agora que estamos enganchados no tren, non queremos deixalo"
Deporte • 21/01/2020
Autor: Ana Prieto

O adestrador do Redondela F.S. amósase moi satisfeito co rendemento do equipo, malia que comezaron a segunda volta cunha derrota que os fai baixar do 2º ao 3º posto da táboa de Preferente Sur. Davila tamén advirte que hai que parar "a euforia" e traballar "semana a semana". O seu próximo rival será o Verín Sala, co que se miden en Redondela o domingo.


Kiko Davila amósase satisfeito co rendemento do equipo, cun plantel que conta con moitos futbolistas da canteira. Logo da derrota da pasada fin de semana na pista do Coperfi Cereixa Gondomar, o Redondela Maramar perdeu a posición de ascenso directo, que agora teñen a 2 puntos de distancia. Con todo, e transcorrida xa máis da metade da competición, o técnico fai un balance moi positivo, co equipo entre os primeiros clasificados e traballando en todos os adestramentos "con moita ilusión". Sinala que agora que están "enganchados no tren", non queren deixalo. Logo de 16 xornadas o Redondela F.S. ten 33 puntos, con 10 vitorias, 3 empates e só 3 derrotas. A cabeza da táboa está moi igualda, coas Neves líder a 3 puntos, Lume Corbatas 2º, a 2 de distancia e o EDO Sala Ourense, 4º na táboa, cun partido menos, empatado a puntos con Redondela. Encadear dúas derrotas ou dúas vitorias porde cambiar moito a cabeza da táboa, por iso Davila fai un chamamento á calma e a "parar a euforia". Advirte que os resultados deste mes de xaneiro e o de febreiro "irán determinando a clasificación antes do sprint final".


Redondela Maramar-Verín Sala


Na próxima xornada reciben ao Verín Sala, 10º na táboa. Levan 4 xornadas sen gañar, con dúas derrotas e dous empates. Malia a súa situación na táboa, Kiko advirte que son "un dos mellores equipos da categoría", aínda que as esta temporada están máis abaixo que en campañas anteiores. O partido xógase o domingo, ás 19.00 horas no pavillón da Marisma.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: