www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Xullo de 2020

O Artelixo edita un disco para concienciar sobre o medioambiente
Cultura • 20/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

30 formacións súmanse ao primeiro disco do Artelixo. Artistas locais pero tamén redondeláns de adopción non quixeron perder a oportunidade de achegar o seu gran de area a este disco de marcada conciencia medioambiental. Está previsto que saia a venda no mes de abril, coincidindo coa vindeira edición do evento Artelixo. Rock, jazz, hip hop, blues... todos os estilos tiveron oco nun traballo musical que se gravou nas instalacións do local de ensaio nas Casas dos mestres.

 


Un disco ecléctico, no que se dan cita todos os estilos e practicamente todas as formación e músicos que soan en Redondela. Tatán, Suso Ben, A Rondalla de Redondela, Relámpago, redondeláns de adopción como os integrantes de Paciencia Paradise ou Guzmán (do clásico grupo Cánovas, Rodrigo, Adolfo e Guzman) e así ata trinta formación sumáronse a este iniciativa. Foi nos últimos días do ano cando durante catro intensas xornadas se gravaron a maior parte dos temas que conformarán este disco, agora en fase de postproducción. O obxectivo é telo listo para a próxima edición do Artelixo cando sairá a venda e se organizará un gran concerto para a súa presentación.


Pendentes das posibles achegas económicas do concello, aínda está por determinar o seu prezo de venda "pero será económico, tres ou catro euros, porque o que queremos é que se escoite e que todo o mundo poida acceder a el".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: