www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Charla no Instituto Mendiño sobre o mal uso dos móbiles nas aulas
Sociedade • 20/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de País e Nais do instituto Mendiño convocan unha charla esta tarde ás 19:00 horas na que se falará do uso e o mal uso dos teléfonos móbiles nas aulas. A actividade desenvolverase na aula de usos múltiples do centro e está aberta a todo o que queira achegarse.


A irrupción do teléfono móbil na aulas non é algo novo. Estímase que un 75% dos nenos e nenas maiores de doce anos xa teñen teléfono propio. Unha situación que é motivo de conflito en moitos centro educativos e que incluso se baralle a opción de adoptar medidas como as implantadas en Francia, onde unha lei impide que os menores de 16 anos usen os seus móbiles non centro educativos, Nin en horario lectivo, nin no recreo nin na pausa para comer.


En España o máis habitual é que sexa cada centro en base ao seu regulamento interno o que determine como se empregan os smartphones no entorno escolar. Hai quen defende os uso educativos que incluso dentro da aula se lle pode dar a este dispositivo, mentres outros manteñen que se trata dunha distracción que incluso en moitos casos deriva en adicción, polo que sería beneficioso crear estes espazos libre de móbiles en horario escolar.


 Avanzar neste debate é o obxectivo da charla que hoxe se desenvolverá no Instituto Mendiño ás 19:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: