www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Febreiro de 2020

Susto en Chapela ao atravesar un raio unha vivenda de Cidadelle e provocar un incendio
Sucesos • 17/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A borrasca que afectou na xornada de onte a toda a comunidade deixou tamén múltiples incidencias no noso concello, con balsas de auga, arquetas levantadas e baixos anegados en diferentes puntos do municipio. Con todo, o maior susto levárono en Chapela cando unha casa do barrio de Cidadelle sufría un incendio polo impacto dun raio. O incendio foi sufocado polos bombeiros de Vigo e unha persoa tivo que ser atendida por inhalación de fume.


O suceso producíase ao redor das 17:30 horas de onte nunha xornada na que a treboada deixaba fortes refachos de vento e precipitacións intensas, con trombas de auga que nalgúns momentos da tarde provocaban bolsas de auga nas estrada e inundacións en diferentes puntos. Neste caso era un raio o que atravesaba unha vivenda do barrio de Cidadelle logo de impactar contra un poste do tendido eléctrico. Como consecuencia producíanse diferentes danos materiais e un pequenos incendio sufocado polos bombeiros de Vigo. Unha descarga que afectaba principalmente ao cadro eléctrico do inmoble.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: