www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Xullo de 2020

Redondela volverá contar con venta de billetes na estación de ferrocarril
Sociedade • 16/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Este servizo fora eliminado o pasado 1 de xaneiro e afectou a un total de 8 estacións en Galicia (Guillarei, Ribadavia, O Carballiño, Sarria, Ortigueira, Viveiro, Burela e Redondela). O goberno rectifica agora e anuncia que a venta dos billetes seguirá alo menos ata o 31 de marzo, de xeito que aqueles que o desexen poderán comprar os seus billetes nestas terminais de forma presencial.


Unha venda presencial que podería prolongarse ata mediados de ano pero que a longo prazo está previsto eliminar naquelas estacións que non superen os cen viaxeiros ao día, unha condición que a estación de Redondela non cumpre, xa que se estima que non pasan por esas instalación máis de cincuenta viaxeiros.


Con todo, podería haber novidades, xa que nas negociacións para a investiduras pactouse con Teruel Existe a reapertura dos canais de venda tradicionais nas estacións con menos de cen viaxeiros en toda España. Unha medida que fixaba un período de transición de seis meses, pero non está claro se Renfe asumirá a venda presenciais máis adiante. No futuro, esa venda presencial poderían manterse a través de convenios coas administracións locais, concellos, deputación ou comunidades, que estean interesadas en conservar o servizo, a cambio de colaborar economicamente ao seu mantemento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: