www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

Recoñecemento a Manuel González Soto en Chapela
Deporte • 15/01/2020
Autor: Ana Prieto

O pavillón que leva o seu nome acolleu onte un partido de homenaxe ao eterno presidente, cando se cumple o primeiro aniversario do seu pasamento. Celebrouse un enfrontamento entre dous históricos do balonmán, Chapela e Teucro, con triunfo pola mínima para a escuadra visitante (23-24).

 

 


Xogadores, representantes do balonmán de diferentes clubs, autoridades, familiares e amigos ateigaron o pavillón "Manuel González Soto" para renderlle unha sentida homenaxe. Celebrouse un enfrontamento entre dous históricos do balonmán galego e estatal, Chapela e Teucro, nos que Manuel González Soto tivo gran protagonismo. Porque se do BM Chapela foi xogador, adestrador, directivo e presidente, tamén militou nas filas do Teucro como xogador e técnico. Ao comezo do partido realizouse un solemne acto de recordo a González Soto e un cartel coa súa imaxe situouse no centro da pista. A continuación, chegou o duelo con triunfo pola mínima para a escuadra visitante (23-24).

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: