www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 29 de Maio de 2020

A AVV de Chapela lamenta a "oportunidade perdida" que supón o derrube do colexio Igrexa
Sociedade • 14/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Insisten en que se podería manter a metade do inmoble o que suporía incrementar o número de locais de uso público para os veciños e critican que "nin este nin o anterior goberno" fixeran nada por negociar con Audasa que se mantivera en pé parte do edificio.  Unha vez que o derrubamento xa é unha realidade confían en que as casas dos mestres poidan ser habilitadas e empregadas polas asociacións aínda que insisten en que son claramente insuficientes ante a elevada carencia existente na parroquia.


A asociación de veciños de Chapela aplaude a decisión do concello de solicitar a reversión da titularidade da parcela na que se atopa o centro educativo e que se evite o derrubamento das casas dos mestres, pero lamentan que dende o goberno local non se negociara con Audasa o mantemento da parte do colexio non afectada. Entende que é unha "oportunidade perdida" xa que de tirarse tan só a parte do edificio afectada aínda se conservaría a metade do edificio "en total, unhas seis aulas de boa capacidade e dotada con todos os servizos como baños ou calefacción que terían servido para cubrir a necesidade de locais público existente na parroquia".


Tanto os anteriores gobernantes como o actual goberno deixaron pasar esta oportunidade malia que dende a Asociación de Veciños lles trasladaran tamén por escrito que negociaran con Audasa o mantemento de parte do edificio "algo que non se fixo e que non entendemos" insiste o presidente da asociación, Marcial Pérez.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: