www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 29 de Marzo de 2020

O Concello reclama que se incrementen os trens de media distancia con paradas en Redondela
Institucional • 13/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Alcaldesa, Digna Rivas, xunto a outros membros do Goberno, mantiveron unha reunión informativa co representante institucional de Renfe, Javier Pérez López, na que lle trasladaron a necesidade de acometer diferentes medidas de cara a converter o servizo ferroviario nun servizo máis competitivo e eficaz que cubra as necesidades da veciñanza. Unha reunión na que se abordou a necesidade de incrementar a frecuencia e paradas dos trens de media distancia no municipio.  Renfe instalará esta semana as máquinas autoventa unha vez que se procedeu ao peche das billeteiras presenciais.


O Goberno mantivo unha reunión co representante institucional de Renfe trala polémica medida de Adif de eliminar a venda presencial de billetes en distintas localidades, entre as que se inclúe o municipio de Redondela.


O representante de Renfe, Javier Pérez, expresou que as medidas adoptadas ante o peche das billeteiras po Adif en Redondela, como a instalación dunha máquina autoventa e a habilitación dun teléfono de atención ao cidadán quedarán definitivamente instauradas a partir desta semana e que os clientes xa poden adquirir os seu billetes na web de Renfe, na oficina de Correos ou no propio tren.


Outro dos temas tratados na reunión foi o relativo a posibilidade do uso dos edificios das dúas estacións, Portela e Eidos, competencia de Adif, uso que será solicitado co fin de habilitar espazos infrautilizados en beneficio da veciñanza.


Aseguran dende o goberno local que este non é máis que o inicio do camiño para conseguir que Redondela obteña os servizos ferroviarios propios dun municipio de case 30000 habitantes e que pasa por incrementar o número de frecuencias e de apradas dos trens de media distancia nas estacións de Redondela " é imprescindible que a oferta sexa reflexo da demanda, sabemos que moita mais xente usaría o tren para desprazarse a cidades como Vigo e Pontevedra se a frecuencia de paradas fora maior, polo que apostaremos firmemente por fomentar o uso do ferrocarril."


Nas próximas semanas o goberno municipal establecerá contactos con distintos representantes de Adif e demais institucións con competencia ferroviaria para avanzar nestas melloras.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: