www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

"O electo" unha comedia política
Cultura • 10/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Un tic nervioso pode arruinar o discurso de investidura do novo presidente da Xunta nesta montaxe da compañía Constraproducións que se poderá ver este sábado ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas están a venda no propio Muntiúsos a un prezo de 7€ entrada xeral (5 reducida).


Enmarcada no ciclo Vive o teatro! da Concellería de Cultura chega a Redondela esta adaptación dunha obra de Ramón Maudala. Baixo a dirección de Cándido Pazó poderemos ver aos actores Antonio Mourelos e Manu Baqueiro.


Un espectáculo que nos sitúa nunha situación ben concreta, cando o recén elixido presidente da Xunta se enfronta a un inesperado problema cando está a piques de pronunciar o seu discurso de investidura. Un chocante tic nervioso ameaza con arruinar tan solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: