www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 5 de Xullo de 2020

Redondela e comarca pechan o ano cunha tendencia á alza no desemprego
Sociedade • 7/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Decembro pechou cun maior número de persoas inscritas nas listas do paro respecto do mes anterior, segundo os datos da Consellería de Emprego. De feito, son xa cinco os meses nos  que de xeito consecutivo o número de desempregados se ven incrementando paulatinamente. Con todo, o ano pechou mellor do que arrancara. No caso de Redondela doce meses atrás eran 1.788 as persoas desempregadas, sendo agora 1.730.


O número de parados en toda a comarca volveu incrementarse un mes máis, unha tendencia que continuará de seguro nas vindeiras semanas cando rematen moitos dos contratos asinados co gallo do período de Nadal que adoita favorecera creación de emprego temporal tanto na hostalaría como no comercio.


En Redondela son actualmente 1.730 as persoas en paro, sete máis que no mes anterior. Incremento en Soutomaior e en Pazos de Borbén con doce novos desempregados en cada un dos concellos situándose en 597 as persoas que buscan traballo en Soutomaior e 277 as que están inscritas nas listas do paro de Pazos, No caso de Fornelos son 150 os desempregados inscritos, 5 máis que en novembro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: