www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

Reabre o paseo do Maceiras
Sucesos • 7/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Despois de varias semanas de peche do paseo do Rego das Maceiras polos desbordamentos padecidos o 12 e 18 de Decembro, que orixinaron problemas no trazado da senda peonil, a concellería de medio Ambiente reabría esta senda para uso e goce dos veciños. Dende este departamento explican que unha vez arranxados os problemas máis graves, que causaban inseguridade, decidiron a apertura do paseo deste espazo natural moi utilizado pola veciñanza.


Os traballos realizados consistiron na reparación de urxencia dun muro de contención que tiña risco de derrube, a reposición do firme en varios tramos, a retirada dunha árbore caída no canle e a retirada de elementos leñosos que impedían o curso normal da auga.


Un paseo que por atoparse en zona inundable padece periodicamente os efectos das crecidas que afectan tanto ao propio firme da senda como a canle do río.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: