www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Febreiro de 2020

Xulio Lorenzo convida ao público a soñar
Cultura • 3/01/2020
Autor: Ana Prieto

O músico e compositor presenta mañá sábado en Redondela o seu novo disco, "Volver soñar". Un traballo diferente, cheo de novos matices e historias. Un concerto moi especial  no que promete sorpresas e colaboracións con acento redondelán. Ás 20.00 horas, no auditorio da Xunqueira. Entrada 3 euros.


Este músico de Louredo, Mos, ten moitos lazos con Redondela, tanto musicais como familiares, polo traballo dos seus pais. Por iso o concerto de mañán vai ser "moi especial". Co seu último traballo "Volver soñar", Lorenzo convida ao público a seguir soñando, "a regresar á infancia e buscar a felicidade a través de melodías alegres e cheas de vida". Para a actuación deste sábado contará ademais coa colaboración de artistas como o redondelán Marcos Campos, así como bailadores e cantereiros, mesmo con chiscadelas á tradición irlandesa. E promete "moitas sorpresas". Con este concerto, na véspera do seu 40 aniversario, quere render unha homenaxe ao seu primeiro mestre de gaita, de Reboreda, e tamén ao seu pai, recentemente xubilado logo de décadas de traballo na praza de abastos de Redondela. Por iso para Xulio Lorenzo será un cita "especial e emotiva" na que agarda que todo o público disfrute.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: