www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

A Xunqueira acolle 200 fotografías do concurso "Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy"
Sociedade • 3/01/2020
Autor: Ana Prieto

 O Multiusos de Redondela acolleu onte a inauguración da exposición fotográfica con todas as imaxes dos participantes na XIV edición do certame organizado pola Asociación Cultural "Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy".


Son un total de 200 fotografías, das que 175 pertencen á categoría de adultos, e outras 25 a concursantes da categoría xuvenil. A Alcaldesa, Digna Rivas , xunto co concelleiro de Cultura Daniel Boullosa, participaron no acto inaugural e destacaron "a calidade e a cantidade" de imaxes, ao tempo que animaron aos membros do colectivo "a seguir traballando no eido da cultura en Redondela". O presidente da asociación, Manuel Nieto, amosouse moi sateifeto "coa elevada participación rexistrada na edición deste ano", no que se recibiron moitas fotografías "e de gran calidade". A gañadora desta edición foi Almudena Castro Vidal, coa obra "Cristal e Area". O resto de categorías complétanse co primeiro premio de adultos para Anxo Montes con "Anfibio" e o segundo para Gonzalo Sancristán con "Vía 1". No apartado xuvenil, o primeiro premio conseguiuno Pablo Gómez con "Skating" e o segundo Noa Sixto con "Atardecer".A mostra permanecerá aberta ao público ata o 31 de xaneiro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: