www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 14 de Xullo de 2020

O "Titiricircus" de Tanxarina regresa ao Multiúsos
Cultura • 27/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O espectáculo que acompaña a compañía redondelá dende o ano 1987 volve hoxe a representase na súa casa. Será ás 18:30 horas no Multiúsos con entrada de balde e enmarcada dentro da programación da Concellería de Cultura orientada ao público familiar.


Representada en máis de mil ocasións en escenarios de todo o mundo, Titiricircus é a sétima obra da compañía de Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez. A obra estreouse por primeira vez en Austria en 1987 e dende aquela recorreu medio mundo. Varias xeracións de nenos e nenas gozaron desde aquela desta emotiva historia sobre o circo e as marionetas. Andrés Girández sinala que, malia que pasaron os anos, aos rapaces de hoxe a historia "entusiásmalles igual que aos de hai 25 anos", porque é unha historia "que non pasa de moda". Unha obra que en palabras de Tatán "naceu do corazón e foi crecendo con nós".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: